jueves, 13 de diciembre de 2012

Madrid

Hai libros que nos ensinan como é unha cidade. Este booktrailer adiántanos como é o libro que o ilustrador Javier Zabala fixo sobre Madrid.
Pero tamén é interesante coñecer o chotis, o ritmo madrileño por excelencia e o organillo, unha especie de órgano mecánico que adoitaba tocarse nas rúas a cambio dunhas moedas


jueves, 6 de diciembre de 2012

O mito de Orfeo e Eurídice

Orfeo, o deus da música na mitoloxía grega, vai ser o tema dos próximos días.
Leremos o mito e faremos unha serie de visionados de obras de arte que se inspiraron nel. Óperas, ballets, pinturas, esculturas...

A historia  de Orfeo é unha historia de amor. Orfeo ten a capacidade de amansar as feras coa súa música, todo se detén cando a súa voz entoa as fermosas melodías coa súa cítara ou a súa arpa. Orfeo namórase de Eurídice, pero o seu amor está condenado e, aínda que ten a posibilidade de recuperala, as súas debilidades farán que perda a última oportunidade que os deuses lle dan para recuperar o seu amor.


Tamén poderemos ver como hai autores que se atreven a traer o mito aos ambientes modernos.

Coñeces algunha palabra relacionada coa música que derive do nome deste deus? Búscaas e tráeas a clase.

domingo, 25 de noviembre de 2012

Tarefa sobre Madrid


  • Deseña unha folla para anotar a información sobre os gastos que vas realizando agrupándoa en 4 apartados: gasolina, aloxamento, comida e compra de productos típicos da zona.


  • Traza o itinerario e sinala cidades ou vilas de importancia cultural, artística, paisaxística ou de calquera outro tipo polas que pasas.




  • Elabora un mapa, podes calcalo colocando as cidades e o itinerario.

o proxecto de 6º, MADRID





PRIMEIRO

Imos comezar unha viaxe a Madrid. Escollamos a opción que máis nos poida interesar. Temos un presuposto de 400 euros para chegar á meta. Podes viaxar en avión, tren autobús ou coche. No caso de que viaxes neste último, debes contar co coste que ten a gasolina. Claro que tamén podes pensar en economizar compartindo o teu vehículo con outros compañeiros ou compañeiras. Nese caso, o custo do combustible repartiríase entre os que viaxades no coche.
Na túa estadía podes acudir a un hotel, hostal, albergue ou camping. Pero antes deberás saber a diferencia que hai entre estes tipos de aloxamento. Así que deberás averigualo e anotalo.
  • Podes ver se os itinerarios son os mesmos se vas nun medio de transporte ou noutro.
COMO BEN LEMBRARÁS, Todas as túas averiguacións deberán pasar a formar parte dun pequeno diario de traballo que ti mesmo deberás elaborar.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Ma famille

Imos aprender o vocabulario relacionado coa familia.

Pero antes ollade este vídeo.

Voilá:



Vexamos esta actividade:



domingo, 4 de noviembre de 2012

A importancia de estudar


O estudo é fundamental, por iso debes estar dispost@ a:

  • Esforzarte a diario e estudar todos os días.
  • Marca obxectivos que poidas cumprir e comproba se os cumpriches ou non.
  • Traballa con enerxía para poder afrontar as dificultades (Sempre as vai haber).
  • Fai sempre as tarefas que che manden.
  • Trata de entedelo todo, é moi difícil aprender ou memorizar sen entender.
  • Sé coidadoso coa ortografía, a letra, a expresión e a presentación.
  • Revisa o teu horario de estudo por se precisas adicar máis tempo ou utilizar momentos non previstos.
  • Non estudies máis de 45 minutos sen tomar 10 de descanso.
  • Aínda que non teñas deberes ou exames, le o tema que che explicaron. Se tes tempo, tamén podes ler o seguinte tema que che van explicar. Durme o tempo necesario.
O psicólogo Bernabé Tierno formulou unha ecuación:

Éxito escolar = Capacidade + Interese + Técnicas de estudo + Tempo empregado + Persistencia + Autoconfianza

Hai algún sumando que poidas aumentar?

domingo, 14 de octubre de 2012

Alouette, gentile alouette

Refrain :
Alouette, gentille alouette,
Alouette, je te plumerai.
Un
Je te plumerai la tête.
Je te plumerai la tête.
Et la tête ! Et la tête !
Alouette, Alouette !
(au refrain)

Trois
Je te plumerai les yeux.
Je te plumerai les yeux.
Et les yeux ! (bis)
Et le bec ! (bis)
Et la tête ! (bis)
Alouette ! (bis)
(au refrain)

 
Cinq
Je te plumerai les ailes.
Je te plumerai les ailes.
Et les ailes ! (bis)
Et le cou ! (bis)
Et les yeux ! (bis)
Et le bec ! (bis)
Et la tête ! (bis)
Alouette ! (bis)
(au refrain)

 
Deux
Je te plumerai le bec.
Je te plumerai le bec.
Et le bec ! (bis)
Et la tête ! (bis)
Alouette ! (bis)
(au refrain)
Quatre
Je te plumerai le cou.
Je te plumerai le cou.
Et le cou ! (bis)
Et les yeux ! (bis)
Et le bec ! ((bis)
Et la tête ! (bis)
Alouette ! (bis)
(au refrain)
 
Six
Je te plumerai les pattes.
Je te plumerai les pattes.
Et les pattes ! (bis)
Et les ailes ! (bis)
Et le cou ! (bis)
Et les yeux ! (bis)
Et le bec ! (bis)
Et la tête ! (bis)
Alouette ! (bis)
 

Les jours de la semaine

Un vidèo pour aprendre les noms de tous les jours de la semaine.

Les parties des corps II

Repasamos as partes do corpo.

Preme aquí para facer a primeira actividade

Faino despois no debuxo.



Os números ata o 20

lunes, 8 de octubre de 2012

Les parties du corps

Aprendemos as partes do corpo.

Cliquez sur le dessin  - preme no debuxo

Neste enlace poderás escoitar como se din as diferentes partes do noso corpo. Lembra que podes practicar coa canción que tes nunha entrada anterior.



IMPORTANTE: Non vos preocupedes polos erros, vós aínda non sabedes todas as partes do corpo nin a súa escrita en francés, pero podedes ir acostumándovos.


lunes, 1 de octubre de 2012

Les parties du corps

As parte do corpo. Soas ou en parella.
  • La tête
  • Le cou
  • Les pieds
  • Les mains
  • Les yeux
  • Le ventre
  • le dos
  • Les jambes
  • Les oreilles
  • Les genoux...

Os números

Hoxe imos aprender os números ata o 9


viernes, 28 de septiembre de 2012

jueves, 20 de septiembre de 2012

Relevo de España

seguidamente lembraremos o relevo de España. Esta actividade xa a fixemos o curso pasado polo que vos será doada.


Comezamos

Volvemos a utilizar o blog como unha forma dinámica de aprendizaxe e repaso. Comezaremos por repasar o relevo de Galicia e o de España.

Comecemos por lembrar o de Galicia con esta sinxela actividade: