domingo, 25 de noviembre de 2012

Tarefa sobre Madrid


  • Deseña unha folla para anotar a información sobre os gastos que vas realizando agrupándoa en 4 apartados: gasolina, aloxamento, comida e compra de productos típicos da zona.


  • Traza o itinerario e sinala cidades ou vilas de importancia cultural, artística, paisaxística ou de calquera outro tipo polas que pasas.




  • Elabora un mapa, podes calcalo colocando as cidades e o itinerario.

o proxecto de 6º, MADRID





PRIMEIRO

Imos comezar unha viaxe a Madrid. Escollamos a opción que máis nos poida interesar. Temos un presuposto de 400 euros para chegar á meta. Podes viaxar en avión, tren autobús ou coche. No caso de que viaxes neste último, debes contar co coste que ten a gasolina. Claro que tamén podes pensar en economizar compartindo o teu vehículo con outros compañeiros ou compañeiras. Nese caso, o custo do combustible repartiríase entre os que viaxades no coche.
Na túa estadía podes acudir a un hotel, hostal, albergue ou camping. Pero antes deberás saber a diferencia que hai entre estes tipos de aloxamento. Así que deberás averigualo e anotalo.
  • Podes ver se os itinerarios son os mesmos se vas nun medio de transporte ou noutro.
COMO BEN LEMBRARÁS, Todas as túas averiguacións deberán pasar a formar parte dun pequeno diario de traballo que ti mesmo deberás elaborar.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Ma famille

Imos aprender o vocabulario relacionado coa familia.

Pero antes ollade este vídeo.

Voilá:



Vexamos esta actividade:



domingo, 4 de noviembre de 2012

A importancia de estudar


O estudo é fundamental, por iso debes estar dispost@ a:

  • Esforzarte a diario e estudar todos os días.
  • Marca obxectivos que poidas cumprir e comproba se os cumpriches ou non.
  • Traballa con enerxía para poder afrontar as dificultades (Sempre as vai haber).
  • Fai sempre as tarefas que che manden.
  • Trata de entedelo todo, é moi difícil aprender ou memorizar sen entender.
  • Sé coidadoso coa ortografía, a letra, a expresión e a presentación.
  • Revisa o teu horario de estudo por se precisas adicar máis tempo ou utilizar momentos non previstos.
  • Non estudies máis de 45 minutos sen tomar 10 de descanso.
  • Aínda que non teñas deberes ou exames, le o tema que che explicaron. Se tes tempo, tamén podes ler o seguinte tema que che van explicar. Durme o tempo necesario.
O psicólogo Bernabé Tierno formulou unha ecuación:

Éxito escolar = Capacidade + Interese + Técnicas de estudo + Tempo empregado + Persistencia + Autoconfianza

Hai algún sumando que poidas aumentar?