domingo, 4 de noviembre de 2012

A importancia de estudar


O estudo é fundamental, por iso debes estar dispost@ a:

  • Esforzarte a diario e estudar todos os días.
  • Marca obxectivos que poidas cumprir e comproba se os cumpriches ou non.
  • Traballa con enerxía para poder afrontar as dificultades (Sempre as vai haber).
  • Fai sempre as tarefas que che manden.
  • Trata de entedelo todo, é moi difícil aprender ou memorizar sen entender.
  • Sé coidadoso coa ortografía, a letra, a expresión e a presentación.
  • Revisa o teu horario de estudo por se precisas adicar máis tempo ou utilizar momentos non previstos.
  • Non estudies máis de 45 minutos sen tomar 10 de descanso.
  • Aínda que non teñas deberes ou exames, le o tema que che explicaron. Se tes tempo, tamén podes ler o seguinte tema que che van explicar. Durme o tempo necesario.
O psicólogo Bernabé Tierno formulou unha ecuación:

Éxito escolar = Capacidade + Interese + Técnicas de estudo + Tempo empregado + Persistencia + Autoconfianza

Hai algún sumando que poidas aumentar?

No hay comentarios:

Publicar un comentario