domingo, 25 de noviembre de 2012

o proxecto de 6º, MADRID





PRIMEIRO

Imos comezar unha viaxe a Madrid. Escollamos a opción que máis nos poida interesar. Temos un presuposto de 400 euros para chegar á meta. Podes viaxar en avión, tren autobús ou coche. No caso de que viaxes neste último, debes contar co coste que ten a gasolina. Claro que tamén podes pensar en economizar compartindo o teu vehículo con outros compañeiros ou compañeiras. Nese caso, o custo do combustible repartiríase entre os que viaxades no coche.
Na túa estadía podes acudir a un hotel, hostal, albergue ou camping. Pero antes deberás saber a diferencia que hai entre estes tipos de aloxamento. Así que deberás averigualo e anotalo.
  • Podes ver se os itinerarios son os mesmos se vas nun medio de transporte ou noutro.
COMO BEN LEMBRARÁS, Todas as túas averiguacións deberán pasar a formar parte dun pequeno diario de traballo que ti mesmo deberás elaborar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario