- Debes dirixirte a un hotel.
- Para seleccionar un hotel debes ter en conta que non quede demasiado lonxe e que non sexa caro. Para conseguilo tes unha serie de páxinas de internet que che axudarán a saber o custe da estadía e o que é máis importnte se hai prazas.
- Deberás dicirnos como se chama o hotel en que te aloxas e situalo no plano da cidade porque queremos visitarte e comunicarllo aos teus pais para que saiban onde estás. Quizais a eles non lles guste demasiado o sitio que escolliches e poidan indicarche outro lugar máis recomendable. (Non te esquezas de anotar o custo do hotel. Ah, tamén debes saber que ás veces hai ofertas nas que podes conseguir a bo prezo o cuarto e o almorzo).
- Averiguamos datos sobre que imos visitar. Anotaremos o que nos recomendan as páxinas web de turismo que podemos visitar en Madrid. Teremos en conta se son gratuítas ou de pago, pero deberemos facer as visitas que nos recomenden.
- Fai un listado dos lugares que vas visitar, que vas atopar neles, custe da entrada e horarios.
- Localízaos no plano.
- Tivemos un golpe de sorte e a un rico personaxe enamorado da cidade pareceulle simpático que un grupo de rapaces de Galicia estivesen facendo unha viaxe tan orixinal para coñecer Madrid e decidiu patrocinar a nosa estadía durante unha semana máis cos gastos de entradas, aloxamento e comidas pagos. Ademais para que poidamos disfrutar de algo máis decidiu darnos un extra de 10 euros por día para pequenos vicios. Por certo mencionou que un deles podería ser un bo chocolate quente de San Ginés, así que iremos alá para probar o famoso chocolate con porras de Madrid. ISO SI, A CAMBIO DEBEREMOS REGALARLLE UNHA REPRODUCIÓN DO NOSO CADERNO DE VIAXE. Sen esquecerse, mans á obra.
lunes, 18 de febrero de 2013
Novidades de MADRID
lunes, 4 de febrero de 2013
Mulleres célebres. Rosa Parks
Hai uns días buscabamos mulleres célebres, mulleres que aportaron algo á humanidade.
Aquí temos unha pequena historia, a de rosa Parks. De vivir, hoxe cumpriría cen anos. Está en inglés, prestade atención.
Aquí temos unha pequena historia, a de rosa Parks. De vivir, hoxe cumpriría cen anos. Está en inglés, prestade atención.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)