lunes, 18 de febrero de 2013

Novidades de MADRID


  • Debes dirixirte a un hotel.
     
  • Para seleccionar un hotel debes ter en conta que non quede demasiado lonxe e que non sexa caro. Para conseguilo tes unha serie de páxinas de internet que che axudarán a saber o custe da estadía e o que é máis importnte se hai prazas.

  • Deberás dicirnos como se chama o hotel en que te aloxas e situalo no plano da cidade porque queremos visitarte e comunicarllo aos teus pais para que saiban onde estás. Quizais a eles non lles guste demasiado o sitio que escolliches e poidan indicarche outro lugar máis recomendable. (Non te esquezas de anotar o custo do hotel. Ah, tamén debes saber que ás veces hai ofertas nas que podes conseguir a bo prezo o cuarto e o almorzo).

  • Averiguamos datos sobre que imos visitar. Anotaremos o que nos recomendan as páxinas web de turismo que podemos visitar en Madrid. Teremos en conta se son gratuítas ou de pago, pero deberemos facer as visitas que nos recomenden.

  • Fai un listado dos lugares que vas visitar, que vas atopar neles, custe da entrada e horarios.

  • Localízaos no plano.

  • Tivemos un golpe de sorte e a un rico personaxe enamorado da cidade pareceulle simpático que un grupo de rapaces de Galicia estivesen facendo unha viaxe tan orixinal para coñecer Madrid e decidiu patrocinar a nosa estadía durante unha semana máis cos gastos de entradas, aloxamento e comidas pagos. Ademais para que poidamos disfrutar de algo máis decidiu darnos un extra de 10 euros por día para pequenos vicios. Por certo mencionou que un deles podería ser un bo chocolate quente de San Ginés, así que iremos alá para probar o famoso chocolate con porras de Madrid. ISO SI, A CAMBIO DEBEREMOS REGALARLLE UNHA REPRODUCIÓN DO NOSO CADERNO DE VIAXE. Sen esquecerse, mans á obra.

7 comentarios:

  1. Por fin!! Quería velo de unha vez!! Tiña moita intriga. E agora que sei o que é esta moi ben!! Gostame estos cambios

    ResponderEliminar
  2. bueno agora haberá que cambialo pero polo menos entendino mellor

    ResponderEliminar
  3. queee!! cambiar o diario!!!! jopeeeee lo enia casi acabadoo

    ResponderEliminar
  4. temos que cambiar o diario????
    vaia!!!!!! pero bueno, eu non teño que cambialo.
    soamente teño que añadirlle con antía ao traballo a semana extra.
    a sorpresa é xenial, o único que me fastidia é
    ter que cambiar o traballo para añadirlle á semana.

    ResponderEliminar
  5. Non é necesario cambiar o diario, pódese facer un engadido, facendo un diario 2ou calquera outra cousa que non ten que significar desfacer o que xa tendes feito.Falamos na clase.

    ResponderEliminar
  6. Perfecto!! Só necesitamos añadir a semana extra para o diario, para min non é nada traballoso. Luzmar e eu seguramente nos consentiremos alguns luxos.

    ResponderEliminar
  7. Espero que sexan produtivos. Será un hotel de luxo?

    ResponderEliminar