Moitas veces pensamos que a mellor forma de defendernos é ofendendo a quen nos ataca. Hai xente que propoñía todo o contrario porque pensaba que hai "inimigos" ou "inimizades" que se desarman mellor con boas accións ou con indiferencia. Quizais deberiamos coñecer a Mahatma Ghandi.
Hai un blog que me gusta ver porque ten moitas cousas atractivas, chocantes, conmovedoras. Todas elas cheas de sensibilidade. Chámase Trafegando ronseis. Hoxe, por casualidade atopei isto. Quizais poidamos comentalo en cidadanía o venres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario